¿Quen somos?
O Centro Ocupacional Pascual Veiga é un recurso dirixido a persoas adultas con diversidade funcional intelectual,
cuxo obxectivo principal é favorecer o seu desenvolvemento persoal, social e laboral, así como a súa inclusión na comunidade.
Traballamos desde unha perspectiva integral, atendendo ás necesidades individuais de cada persoa usuaria e
potenciando as súas capacidades mediante programas personalizados de intervención.
Obxectivos
- Promover a autonomía persoal e social das persoas usuarias.
- Favorecer a adquisición e mantemento de habilidades prelaborais e laborais.
- Impulsar a participación activa na comunidade e o acceso a recursos normalizados.
- Ofrecer apoio ás familias e contorna próxima das persoas usuarias.
Servizos
No Centro Ocupacional Pascual Veiga desenvolvemos diferentes talleres ocupacionais,
actividades formativas e programas específicos orientados á mellora da calidade de vida das persoas usuarias.
- Talleres de habilidades da vida diaria.
- Talleres de habilidades sociais e comunicación.
- Talleres ocupacionais e prelaborais.
- Actividades culturais, deportivas e de lecer.
- Acompañamento e orientación ás familias.
Equipo profesional
Contamos cun equipo multidisciplinar formado por profesionais do ámbito social, educativo e sanitario,
que traballan de maneira coordinada para ofrecer unha atención de calidade, centrada na persoa e nas súas necesidades.
A nosa intervención baséase no respecto, a dignidade, a igualdade de oportunidades e a defensa dos dereitos das persoas
con diversidade funcional intelectual.
Compromiso
O Centro Ocupacional Pascual Veiga está comprometido coa inclusión real e efectiva das persoas con diversidade funcional
na sociedade, promovendo un modelo de convivencia baseado no respecto, a solidariedade e a participación.

Rexistros oficiais
Entidade de Iniciativa Social. Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar: Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), Nº E-218; Centro Ocupacional Nº: E-218-C-2.
Rexistro Provincial de Asociacións. Xunta de Galicia, Xefatura Territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Inscrita na Sección 1ª co Nº: 1991/002620-1.
Rexistro Sanitario. Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública. Nº REGASA: 983.0391/C.
Asociación declarada de Utilidade Pública na orde do 7 de novembro de 2016, e publicada no DOG nº 220, do 17 de novembro de 2016.
O A.P.A. Centro Ocupacional pertence á Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA, integrada en FEAPS (Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual) e tamén forma parte do CERMI (Comité Galego de Representantes de Persoas con Discapacidade).
O Centro Ocupacional Pascual Veiga está adaptado ao disposto na Lei de Protección de Datos, en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.