SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Programa Afectivo-Sexual: os obxectivos da educación sexual, desde o feito sexual humano e desde o dereito á inclusión social e normalización, que son coñecerse, aceptarse e expresarse de modo satisfactorio.

Servizo de Atención Socio Familiar: prestación de servizos e orientación ás familias.

ACTIVIDADES CULTURAIS E FORMATIVAS

Taller Naranja Imaginario de música electrónica e ritmo: trabállase coa música en dúas vertentes. Unha cunha finalidade terapéutica e de lecer, que posibilita a expresión emocional, o contacto, as relacións e a comunicación a través da expresión sonora con todo o grupo. A outra vertente é o propio grupo de música, formado por un grupo reducido de persoas interesadas na música e que adquiriron a responsabilidade de ensaiar e traballar a favor do proceso artístico. Cada certo tempo fanse concertos

Novas tecnoloxías:  a alfabetización dixital é importante  para calquera colectivo e no noso caso faise fundamental para poder abrir a nosa clase ao mundo. Navegar pola rede é para nos unha oportunidade para coñecer outras realidades, ou a realidade mesma, resolvendo dúbidas que nos tocan de preto: qué significa algunha palabra que descoñecemos, ver vídeos en youtube que explican cousas que queremos coñecer, tamén son dispositivos multimedia que nos permiten escoitar, grazas a plataformas como soundcloud, aos grupos que nos gustan.