A Asociación Pascual Veiga é unha entidade sen ánimo de lucro que se constitúe no ano 1991 e decide crear un espazo común, o Centro Ocupacional,  do que se beneficien os seus fillos e as súas fillas. Os beneficiarios son homes e mulleres adultos. maiores de 18 anos e que necesitan de forma temporal ou permanente recursos humanos e materiais máis específicos para conseguir o seu desenvolvemento persoal, social e laboral.

OBXECTIVOS XERAIS 

Ofrecer aos usuarios e usuarias e tamén ás súas familias, un proxecto formativo que contribúa ao desenvolvemento das áreas social, persoal e laboral.

Mellorar o funcionamento operativo e organizativo do Centro co fin de ofertar un servizo de maior calidade.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Desenvolver e potenciar a autonomía persoal.

Integración social e coñecemento da contorna próxima.

Informar e previr de riscos laborais.

Reforzar e consolidar as aprendizaxes adquiridas con anterioridade.

Fomentar os comportamentos e aptitudes pre-laborais.

Valorar e facer un seguimento permanente, dos usuarios e usuarias e das súas familias, adaptando a dinámica de traballo coa intención de achegarnos aos                  obxectivos propostos.

Comunicación fluída entre o centro e a familia.

ÁMBITO DE APLICACIÓN

O equipo multidisciplinar traballa de maneira coordinada na consecución dos obxectivos propostos. Este traballo realízase dunha maneira global, abarcando tanto aos usuarios e usuarias como ás súas familias e estimulando a súa participación.

Os talleres ocupacionais son o espazo onde se superan algúns obxectivos marcados polo programa de atención individualizada.

O noso traballo educativo baséase na motivación e a superación dos diferentes obstáculos, mostándonos sempre optimistas #ante os retos.

CRITERIOS DE ADMISIÓN

Os criterios de admisión do Centro realízanse pola Asemblea de Pais, previo informe do Persoal Técnico e a Xunta Directiva.

Os requisitos de acceso ó Centro son:

Ter entre 18 e 59 anos.

Ter feita a Valoración de Dependencia e asignado o Grao e P.I.A.

Estar en posesión do Certificado de Minusvalía.

Non padecer Trastornos Conductuais asociados que excedan os recursos humanos dos que dispón o Centro.

Ter esgotadas toda-las posibilidades de integración en centros de formación ordinarios.

 

REXISTROS OFICIAIS

Entidade de Iniciativa Social. Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar: Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), Nº E-218; Centro Ocupacional Nº:E-218-C-2.

Rexistro Provincial de Asociacións. Xunta de Galicia, Xefatura Territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Inscrita na  Sección  1ª co Nº: 1991/002620-1.

Rexistro Sanitario. Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública. Nº REGASA: 983.0391/C.

Asociación declarada de Utilidade Pública na orde do 7 de novembro de 2016, e publicada no DOG nº220, do 17 de Novembro de 2016

A  A.P.A. Centro Ocupacional Pertence á Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA, integrada en FEAPS (Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual) e tamén forma parte do CERMI (Comité Galego de Representantes de Persoas con Discapacidade).

O Centro Ocupacional Pascual Veiga está adecuada a o disposto  na Lei de Protección de Datos, en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.