*Actividades Deportivas:

              -“Móvete Pascual”: contamos cos servizos dun técnico especialista en actividades físicas e deportivas (Difunvi Sport), que acompañará aos nosos usuarios e usuarias  na práctica deportiva.

              -Natación. No Complexo Deportivo da Sardiñeira. Trátase de fomentar hábitos saudables e o uso do tempo libre de forma constructiva. A natación é un deporte moi completo, e o máis importante, de baixo impacto.

            *Taller de Decoupage: Consiste na decoración de distintas superficies como: vidro, madeira, latón ou velas aplicándolles papel ou tela de     forma que os dous materiais queden perfectamente integrados.

          *Taller de Xabóns e Sales de Baño: Combinación de cores e aceites esenciais con glicerina e sal mariña, creando pequenos detalles cos que se disfruta da aromaterapia e a cromoterapia.

            *Taller de Relaxación: Buscase o equilibrio entre o físico e o mental mediante a facilitación de estados de relaxación e estimulación a través de exercicios de toma de conciencia corporal, respiración, contemplación, visualización e automasaxe. A música e a aromaterapia completan estas sesión.

            *Actividades de Ocio e Tempo Libre – Convenio con AIND:

            O Centro Ocupacional Pascual Veiga ten un convenio de colaboración con AIND (Asociación para a integración e normalización da discapacidade).

Devandita Asociación presta servizos de lecer coa finalidade de facilitar a integración  social das  persoas con  discapacidade  e oferta  a todos/as os/as usuarios/as do Centro Ocupacional Pascual Veiga todas as actividades de lecer que programa para cada curso. Estas son:  Ludoteca, Informática, Taller de Canto, Costura, Teatro, Ritmo e Expresión Musical, Manualidades e Baile Moderno.

             *Servizo de Comedor. A  empresa de catering Imos (LOGO?)prepara os menún diarios que se serven no centro.