C. O. Pascual Veiga
VIII Edición de MÁIS QUE CAPACES

Os días 3 e 4 de Decembro celebrarase a VIII Edición da Exposición MÁS QUE CAPACES.
Na Exposición atoparedes unha representación dos traballos realizados durante o ano nos talleres ocupacionais dos distintos Centros para persoas con discacidade intelectual da Coruña, nos que se atopa o C.O. Pascual Veiga.
Como os demáis anos, animámosvos a pasar polos estands situados nunha carpa no Obelisco.
O horario de visita será de 12 a 20 horas, en horario ininterumpido.

Para saber más: Máis que Capaces
Escrito el 2011-11-30
Negreira e Lorenzo visitan o Centro Ocupacional Pascual Veiga e AIND

O alcalde, Carlos Negreira, acompañado do concellal de Servicios Sociais, Miguel Lorenzo, visitou onte as instalacións do Centro Ocupacional Pascual Veiga e de AIND para coñecer de primeira man as actividades que aquí se levan a cabo.

Para saber más: Hemeroteca :Web do Concello de A Coruña
Escrito el 2011-11-09
Fin de Semana na Granxa Escola -El Kiriko-

Outro ano máis un grupo de usuarios e usuarias do Centro Ocupacional Pascual Veiga veñen de pasar un fin de semana na Granxa Escola -El Kiriko-, ésta atópase en Fornelos de Montes (Pontevedra).

Trátase dun espazo natural con grandes zonas de carballeiras e instalacións destinadas a realizar distintos talleres e xogos para aprender a coidar a horta e ós animais.

Escrito el 2011-10-04

Convivencia Familiar en Taramundi

O Centro Ocupacional Pascual Veiga, como ven facendo todos os anos, pasou un día de convivencia familiar. Este ano o lugar elexído foi Taramundi, na veciña Asturias.

Alí visitaron o -Museo del Telar-, o -Museo de la Cuchillería Tradicional de Taramundi-, a -Quesería Pardíñas- e o Xacemento Arqueolóxico -Os Castros-. Tamén disfrutaron da degustación de productos locais.

Escrito el 2011-06-24

Exposición no Forum Metropolitano

O vindeiro 23 de Maio ás 18:30h. terá lugar a inauguración por parte dun representante da Administración, no Auditorio do Forum Metropolitano, da Exposición dos traballos realizados nos nosos talleres durante o curso 2010/2011.
A continuación o grupo de teatro e de baile de AIND representarán as obras: En la pupila del pulpo, Al son del bastón, Tango e Love.

A Exposición estará aberta dende o día 23 ata o 28 de Maio.O horario de atención ao público é de 10:30h a 14:00h. e de 17:00h. a 21:00h.

Contamos coa vosa visita!

Escrito el 2011-05-09

Exposición do Centro Ocupacional Pascual Veiga nos Complexos Deportivos Elviña, Agra e Sardiñeira

Durante o mes de abril mostraremos algúns dos traballos que se realizan nos nosos talleres nos Complexos Deportivos da Coruña, en horario de 10:00h. a 12:00h. e de 17:30h. a 20:30h.

Sardiñeira día 12 de Abril.
Agra día 13 de Abril.
Elviña día 26 de Abril.

Escrito el 2011-04-05

Viaxe a Gran Canaria

Dende o día 18 ata o 25 de Xaneiro un grupo de usuarios do Centro Ocupacional Pascual Veiga estará por terras canarias xunto con usuarios de Adcor, Aspronaga e Aspanas. Esta viaxe está organizada pola área de ocio de Fademga dentro do Programa de Vacacións do IMSERSO.

Escrito el 2011-01-17

VII Edición da Exposición "Más Que Capaces"

Dende o Sábado 18 ata o Martes 21 de Decembro, nos Xardíns de Méndez Núñez terá lugar, un ano máis, a Exposicíón \"Más Que Capaces\", organizada polo Concello de A Coruña, na que diversas asociacións do ámbito da discapacidade amosarán os traballos que realizan ó longo o ano nos seus talleres.

Os participantes de este ano son: ADCOR, AIND, A.N.P.A. CENTRO ASISTENCIAL SANTIAGO APÓSTOL, APEM, ARTEFÍOS, COGAMI e CENTRO OCUPACIONAL PASCUAL VEIGA.

HORARIO: de 12h. a 14h. e de 17h. a 20h o fin de semana e en horario de tarde o luns e o martes.

AGARDÁMOSVOS!

Escrito el 2010-12-13

<< | 1 | 2 |

C. O. Pascual Veiga | ¿Qué hacemos? | ¿Dónde encontrarnos? | Productos | Noticias

info@centroocupacionalpascualveiga.com