C. O. Pascual Veiga
Síguenos en Facebook !

También estamos en las redes sociales. A ver si nos acostumbramos a contar cosas más a menudo. Saludos!

Para saber más: Enlace a nuestro facebook
Escrito el 2014-07-23
Taller Naranja Imaginario

Fai un tempo que abrimos un blog no taller de \"Habilidades da Vida Diaria\"

Se podedes botádelle unha ollada.

Para saber más: Blog del Taller Naranja Imaginario
Escrito el 2014-07-23
Día do Comercio na Rúa 2º Edición

Os próximos días 14 e 15 de Setembro o Centro Ocupacional Pascual Veiga exporá na 2ª Edición do Día do Comercio na Rúa os productos que elaboran os seus usuarios e usuarias nos talleres ocupacionais.

Organizadas pola Asociación de Veciños e Comerciantes da Falperra, estas xornadas serán un escaparate para os comerciantes e hosteleiros da zona.Haberá espectáculos de danza e teatro, numerosas actuacións musicais,xogos para nenos, obradoiros para todas as idades, churrascada, mexilonada....

Animámosvos a partipar!

Onde: Rúa Industrial
Consulta o Programa no noso Facebook Centro Ocupacional Pascual Veiga

Escrito el 2013-09-06

IX Edición de Máis Que Capaces

Outro ano máis estase a celebrar a Exposición Máis Que Capaces. Nesta ocasión a mostra estará situada no recinto feiral de ExpoCoruña dento da Feira de Autónomos ata o domingo 9 de Decembro, en horario contínuo de 11:00h. a 21:00h.
Aquí atoparedes unha ampla representación dos traballos realizados durante o ano nos talleres ocupacionais do Centro Ocupacional Pascual Veiga e de outras entidades adicadas á formación de persoas con discapacidade.

Para saber más: Día internacional da discapacidade
Escrito el 2012-12-07
MOVILIZACIÓNS SIMULTÁNEAS EN TODA ESPAÑA

FEAPS convoca a todas as entidades do sector da discapacidade a concentrarse conxuntamente para protestarlle ao Goberno Central polos recortes que está a sufrir o noso sector, retraso nos cobros, aplicación Lei da Dependencia,.....
A movilización será simultánea en toda España e procederase a ler un manifesto común para todas as entidades FEAPS. Posteriormente terá lugar a entrega deste manifesto a Sr. Delegado do Goberno.

DÍA: 22 de NOVEMBRO
HORA: 11:00 a 13:00 horas
LUGAR: Praza de Ourense nº11 A CORUÑA
Diante da Delegación do Goberno en Galicia

Para saber más: Información FADEMGA
Escrito el 2012-11-08
Mostra de Traballos no Forum Metropolitano

Como cada ano,o Centro Ocupacional Pascual Veiga e AIND amosarán os traballos feitos polos seus usuarios e usuarias durante o curso 2011-2012, na sede do Forum Metropolitano.

A inauguración da mostra terá lugar o Luns 7 de Maio ás 18:30h da man de D. Miguel Lorenzo, Concelleiro de Servizos Sociais do Concello de A Coruña. A continuación o Taller de Teatro representará: Despedida de Solteiro; e o Taller de Baile Moderno interpretará: El Beso-Pasodobre e Happy.

A Mostra estará aberta do 7 ao 12 de Maio en horario de atención ao público de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h. a 21:00h.

Contamos con vos!!

Para saber más: Visita das Autoridades
Escrito el 2012-04-23
Tarta Para Celebrar o Día Mundial do Síndrome de Down

O noso cociñeiro Eugenio Oyarvide de IMOS Catering, agasallounos hoxe con esta espectacular tarta da TIA VERO12 para celebrar o Día Mundial do Síndrome de Down.

Moitísimas grazas de parte de todos.

Para saber más: Dia Mundial do Sindrome de Down
Escrito el 2012-03-21
Festival Benéfico a favor de AIND

O próximo Sabado 17 de Marzo terá lugar un Festival a beneficio da Asociación AIND, no que participan usuarios e usuarias do Centro Ocupacional Pascual Veiga.
Contarase coas actuacións de Hugo Torreiro, Chrystyan Magic e @s alumn@s dos talleres de baile, teatro e música de AIND.
Como mestres de cerimonia teremos aos radiofónicos e televisivos Antón Lezcano e Txuri Ferrer.

Entradas á venta en AIND, no Centro Ocupacional Pascual Veiga e no portal de Novagaliciabanco.
Agardámosvos o Sabado 17 de Marzo ás 20:00h no Centro Sociocultural ÁGORA

Escrito el 2012-03-05

1 | 2 | >>

C. O. Pascual Veiga | ¿Qué hacemos? | ¿Dónde encontrarnos? | Productos | Noticias

info@centroocupacionalpascualveiga.com