C. O. Pascual Veiga
articulos

BENVID@S

O Centro Ocupacional Pascual Veiga é unha entidade sen ánimo de lucro creada pola Asociación Pascual Veiga, que está formada por pais e nais de persoas con discapacidade intelectual.

Dende o ano 1991 o Centro Ocupacional Pascual Veiga traballa para formar a persoas con discapacidade intelectual, en idade laboral, para que adquiran as destrezas e habilidades que lles posibiliten a súa integración laboral e social. Para iso o C.O. Pascual Veiga conta con varios programas formativos que están deseñados para a consecución de distintos obxetivos: elevar a competencia profesional, inculcar bos hábitos e conductas básicas que se poñen en xogo no desenvolvemento de calquera traballo, fomentar a asertividade, etc. Estos programas aplícanse no Taller Formativo de Estarcido e Estampación Textil e no Taller Formativo de Encadernación e Papeleiría.

 

A Área de Axuste Persoal lévase a cabo no Taller de Habilidades da Vida Diaria, onde se promove o desenvolvemento da autonomía persoal, a integración social e o coñecemento do entorno máis proximo, refórzanse os coñecementos adquiridos con anterioridade, foméntase a independencia e a iniciativa.

 

Ademáis dos servizos na Área de Formación Ocupacional e de Axuste Persoal, dirixidos ós usuarios, o C.O. Pascual Veiga conta cun Servizo de Atención Socio-Familiar. Neste servizo prestase atención individualizada ás familias, informando, orientando e abrindo unha canle de comunicación máis fluído có Centro.No 2008 crease a Escola de Familias, concebida como un espazo de reflexión, formación e comunicación coas familias dos usuarios do Centro Ocupacional Pascual Veiga.

 

O Centro Ocupacional Pascual Veiga ofrece tamén múltiples actividades de ocio e tempo libre.

 

articulos

Os Nosos Horarios

De Luns a Venres
09:00h. a 18:00h.

Dende o 15 de Xuño ata o 15 de Setembro temos xornada intensiva, de 08:30h. a 13:30h.

Agosto PECHADO por vacacións.

 

Colaboradores

 

articulos








O Centro Ocupacional Pertence á Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia

 

C. O. Pascual Veiga | ¿Qué hacemos? | ¿Dónde encontrarnos? | Productos | Noticias

info@centroocupacionalpascualveiga.com