CELEBRAMOS O noso 30 ANIVERSARIO

Asociación

Centro Ocupacional Pascual Veiga

as nosas

Accións formativas

AMOSÁMOSCHE

Os nosos produtos

ENSINÁMOSCHE

Os nosos proxectos

A vida no noso Centro xira arredor dos talleres de Estarcido e Estampaxe Téxtil,  de Papelería e Encadernación e o Servizo de Terapia Ocupacional.

Os nosos artigos de papelería, encadernacións e creacións téxtiles personalizadas son algúns dos produtos que nacen do traballo dos nosos usuarios e susarias.

Naranja Imaginario,  o noso grupo de música electrónica e Móvete Pascual, o noso programa de práctica depotiva son algúns dos nosos plans complementarios.

¿QUE É UN CENTRO OCUPACIONAL?

Os Centros Ocupacionais son establecementos que teñen como finalidade asegurar os servizos de terapia ocupacional e de axuste persoal e social ás persoas con discapacidade intelectual que non poidan integrarse nunha empresa ou nun centro especial de emprego. As actividades desenvólvense mediante a realización de traballos nun réxime o máis parecido posible ao normal en calquera centro laboral, pero sen fins lucrativos, e a través da aplicación dos tratamentos especializados que demande a súa discapacidade. O centro ocupacional ten por obxectivo a habilitación profesional das persoas con discapacidade, tratando de preparar aos seus usuarios e usuarias de forma gradual e mediante unha pedagoxía aplicada para unha actividade laboral.

UNHA XANELA CARA A NÓS

Un total de 23 usuarios e usuarias e un equipo técnico multidisciplinar constituído por 8 profesionais conviven no Centro Ocupacional Pascual Veiga

Séguenos en redes sociais

Os nosos colaboradores

.

QUE É A DISCAPACIDADE INTELECTUAL?
A discapacidade intelectual implica unha serie de limitacións nas habilidades que a persoa aprende para funcionar na súa vida diaria e que lle permiten responder ante distintas situacións e lugares. A discapacidade intelectual exprésase na relación coa contorna. Por tanto, depende tanto da propia persoa como das barreiras ou obstáculos que ten ao redor. Se logramos unha contorna máis fácil e accesible, as persoas con discapacidade intelectual terán menos dificultades, e, por iso, a súa discapacidade parecerá menor. Ás persoas con discapacidade intelectual cústalles máis que aos demais aprender, comprender e comunicarse. A discapacidade intelectual xeralmente é permanente, é dicir, é para toda a vida, e ten un impacto importante na vida da persoa e da súa familia