C. O. Pascual Veiga

Servizos na Área de Formación Ocupacional e de Axuste Persoal

Taller Formativo de Estarcido e Estampaxe Textil.
Taller Formativo de Papeleiría e Encadernación.

Os programas que se desenvolven nestes talleres están deseñados para a consecución de dous obxectivos: por unha banda pretenden elevar a competencia profesional dun grupo de persoas en risco de exclusión social, e por outro lado, tratan de inculcar nos usuarios bos hábitos e conductas básicas que se poñen en xogo no desempeño de calqueira tarefa de maneira que, nunha situación posterior de emprego, non atopen dificultades á hora de enfrontarse a situacións sociais nas que se ve envolto un traballador.


Taller de Habilidades da Vida Diaria.

Neste taller desenvolvese un programa educativo integral baseado en actividades e rutinas destinadas a que o usuario desenvolva e adquira habilidades para a súa integración persoal, social e laboral e así poder levar unha vida o máis autónoma e normalizada posible, dentro das súas posibilidades.

articulos

 

articulos

Servizo de Atención Socio-Familiar

Atención Individualizada.

Traballo no ámbito de apoio ao proceso de orientación e aprendizaxe, acción tutorial e asesoramento.
Elaboración dun programa de desenvolvemento individual onde se especifica a formación que cada usuario e usuaria necesita para ir avanzando no seu proceso de integración social e laboral.



Escola de Familias.

Espazo de formación e comunicación coas familias dos usuarios e usuarias do Centro Ocupacional co fin de facelas reflexionar sobre os usuarios e usuarias, sobre nós mesmos e o noso comportamento con eles.

 

Servizo de Comedor

Para incrementar o benestar dos usuarios e usuarias que reciben formación no Centro Ocupacional, ofrecese o servizo de comedor.

articulos

 

articulos

Servizo de Lecer e Deporte

Este servizo ofrece distintos talleres cuxa finalidade é potenciar a imaxinación, fomentar a participación social, clarificar e actualizar valores humanos e de convivencia, conseguir o benestar e desenvolvemento das capacidades das persoas con discapacidade e fomentar hábitos saudables. Estos son: Taller de Informática, Taller de Costura, Taller de Manualidades, Taller de Teatro, Taller Creativo, Taller Literario, Taller de Lecto-Escritura, Taller de Decoupage, Taller de Cociña, Taller de Relaxación, Baile Moderno e Natación.

Dende o Centro Ocupacional Pascual Veiga creemos que as persoas con discapacidade intelectual deben gozar e participar do lecer e da cultura que lle ofrece o seu entorno. Tamén se pretende que a sociedade en xeral sexa consciente de que as personas con discapacidade intelectual poden e deben acceder á cultura e ao lecer da súa cidade ademáis de facer uso dos recursos comunitarios. Por todo eso organízanse con regularidade: Excursións e Viaxes, Saídas Culturais e Educativas.

 

Memorias Anuales

Nestes enlaces podes atopar as nosas memorias anuais:

Memoria 2015


Memoria 2014

 

C. O. Pascual Veiga | ¿Qué hacemos? | ¿Dónde encontrarnos? | Productos | Noticias

info@centroocupacionalpascualveiga.com