Actividades Formativas

          *Taller de Encadernación e Papeleiría.

          *Taller de Estarcido e Estampación Textil.

          *Terapia Ocupacional-Entrena Función.

         Os programas dos talleres están deseñados para a consecución de dous obxectivos: por unha banda pretende elevar a competencia profesional dun grupo de persoas en risco de exclusión social, e polo outro lado, é o de inculcar nos usuarios bos hábitos e conductas básicas que se poñen en xogo no desempeño de calquera tarefa de maneira que, nunha situación posterior de emprego, non encontren dificultades á hora de enfrontarse a situacións sociais nas que se ve envolto un traballador.

           O Servizo de Terapia Ocupacional leva a cabo o programa “Entrena Función” distribuido en dúas seccións: individual e grupal. O programa ten como principal obxectivo promover o desenvolvemento funcional de cada usuario e usuaria, maximizar a súa participación nas actividades da vida diaria e a súa  calidade de vida, atendendo ás necesidades específicas de cada persoa, ben sexan sensoriomotoras, cognitivas, sociais ou de regulación emocional.