ACTIVIDADES FORMATIVAS
Taller de Encadernación e Papeleiría
Os programas dos talleres están deseñados para a consecución de dous obxectivos: por unha banda pretende elevar a competencia profesional dun grupo de persoas en risco de exclusión social, e polo outro lado, é o de inculcar nos usuarios e usuarias bos hábitos e conductas básicas que se poñen en xogo no desempeño de calquera tarefa de maneira que, nunha situación posterior de emprego, non encontren dificultades á hora de enfrontarse a situacións sociais nas que se ve envolto un traballador.
Taller de Estarcido e Estampación Textil
Os programas dos talleres están deseñados para a consecución de dous obxectivos: por unha banda pretende elevar a competencia profesional dun grupo de persoas en risco de exclusión social, e polo outro lado, é o de inculcar nos usuarios bos hábitos e conductas básicas que se poñen en xogo no desempeño de calquera tarefa de maneira que, nunha situación posterior de emprego, non encontren dificultades á hora de enfrontarse a situacións sociais nas que se ve envolto un traballador.
Terapia Ocupacional-Entrena Función
Entrena Función é un programa específico de Terapia Ocupacional desenvolvido para o Centro Ocupacional Pascual Veiga, cuxos obxectivos principais son promover o desempeño funcional das persoas con discapacidade intelectual, maximizar a súa participación nas actividades da vida diaria e mellorar a súa calidade de vida.
A intervención vai dirixida a adaptar e traballar sobre as actividades cotiás e a adestrar de forma integral as diferentes destrezas sensoriomotoras, cognitivas, sociais e emocionais.
Co fin de optimizar a intervención e os recursos, o servizo estrutúrase en dúas áreas: grupal e individual, onde as actividades propostas son especificamente deseñadas, situando á persoa como eixo central da intervención e atendendo ás súas características, fortalezas e necesidades individuais. A consecución destes obxectivos alcánzase intervindo nas seguintes áreas:
- Sensoriomotora e cognitiva
- Novas Tecnoloxías e Habilidades Sociais
- Actividades da Vida Diaria
- Promoción do Envellecemento Activo